Manu é fotógrafo e vive na zona de Lugo na súa aldea. Vive da fotografía e ten clientes por toda Galicia. Normalmente fai fotografía deportiva (ciclismo, rally, carreiras). Gustaríalle ter un pouco máis de amigos e amigas que vivan no rural preto da súa aldea.
Laura é deseñadora gráfica, montou o seu pequeno estudo nunha casa alugada na aldea preto de Santiago de Compostela. Estudou en Madrid e decidiu volver a Galicia. Traballa en remoto e gustaríalle atopar un par de clientes máis (se pode ser de fóra).
Rubén quere mudarse de Vigo ao rural e abrir un pequeno taller de coches, xunto coa súa parella e dúas fillas. Xa ten o espazo para montar o taller, pero cústalle un pouco lanzar todo.
Presentámosvos o proxecto Fixar, onde onde invitamos a persoas como Manu, Laura e Rubén a vivir a experiencia de coliving mentres crean unha rede con outras persoas de Galicia e de todo o mundo.
Estamos creando unha rede que vai axudar a Manu a conectarse con máis de 60 persoas que fan cousas no rural galego.
Laura vai aprender como buscamos clientes por todo o mundo e conectarémola coa nosa rede internacional.
Rubén recibirá o apoio necesario para lanzar o seu taller de coches e axudarémolo para que todos no seu novo pobo e arredores saiban que o novo taller está aberto.
Fixar - proxecto que axudará a fixar poboación no rural a través do coliving, mentoría e innovación.
Mapeamos todos os proxectos de Fixar neste mapa único.
Agora converteuse no mapa de proxectos de vida das persoas que viven ou desexarían vivir no rural galego.
Este mapa debe lerse amodo, onde se poden investigar diferentes ideas e conectar coa xente. Actualizámolo regularmente.
Foi elaborado por Admir Veljovic, cartógrafo, investigador e deseñador.
Xuntanza Fixar: 13 de octubre en Anceu
Próxima Xuntanza con iSLow, confirmaremos as datas
O primeiro evento de networking, Xuntanza Fixar, organizouse en Anceu.
Fotos de: Alberte Peiteavel
Moita xente fai cousas moi interesantes nas aldeas, pero non nos coñecemos. Imos mapear ás persoas que fan proxectos interesantes nos pobos galegos e convidar a outros a unirse e trasladar os seus proxectos, negocios ou estudos ás aldeas.