Abriremos as inscricións o 1 de abril de 2025
Manu é fotógrafo e vive na zona de Lugo na súa aldea. Vive da fotografía e ten clientes por toda Galicia. Normalmente fai fotografía deportiva (ciclismo, rally, carreiras). Gustaríalle ter un pouco máis de amizade no rural preto da súa aldea.
Laura é deseñadora gráfica, montou o seu pequeno estudo nunha casa alugada na aldea preto de Santiago de Compostela. Estudou en Madrid e decidiu volver a Galicia. Traballa en remoto e gustaríalle atopar un par de clientes máis (se pode ser de fóra).
Rubén quere mudarse de Vigo ao rural e abrir un pequeno taller de coches, xunto coa súa parella e dúas fillas. Xa ten o espazo para montar o taller, pero cústalle un pouco lanzar todo.
Presentámosvos o proxecto Fixar, onde invitamos a persoas como Manu, Laura e Rubén a vivir a experiencia de coliving mentres crean unha rede con outras persoas de Galicia e de todo o mundo.
Estamos creando unha rede que vai axudar a Manu a conectarse con máis de 140 persoas que fan cousas no rural galego.
Laura vai aprender como buscamos clientes por todo o mundo e conectarémola coa nosa rede internacional.
Rubén recibirá o apoio necesario para lanzar o seu taller de coches e axudarémolo para que todos no seu novo pobo e arredores saiban que o novo taller está aberto.
Fixar - proxecto que axudará a fixar poboación no rural a través do coliving, mentoría e innovación.
Fotos: Nemanja Knezevic
Mapeamos todos os proxectos de Fixar neste mapa único.
Agora converteuse no mapa de proxectos de vida das persoas que viven ou desexarían vivir no rural galego.
Este mapa debe lerse amodo, onde se poden investigar diferentes ideas e conectar coa xente. Actualizámolo regularmente.
Foi elaborado por Admir Veljovic, cartógrafo, investigador e deseñador.
Xuntanza Anceu: 13 de octubre de 2024 en Anceu
Xuntaza iSLow: 8 de febreiro de 2025 en Laxe
Proxima con Sende, confirmaremos as datas
E logo moitas máis por toda Galicia
Xuntanzas
Cando te unes a Fixar, tamén podes participar en encontros onde moitos de nós nos xuntamos para falar, crear redes, comer e bailar. Chamámoslles Xuntanzas.
Fotos de: Alberte Peiteavel